3 O Rabadeira con Gonzalo Rabuñal

Gonzalo Rabuñal con Anxo, Carlos, Ana, Noa y Alba

O venres, 1 de outubro, conmemorábase o Día Internacional das Persoas Maiores, e a residencia de Montrove "Agarimo" organizou un encontro interxeneracional entre cativos e maiores, polo que foron convidados 7 alumnos de 5º de primaria. Nese acto contamos ca presencia do ciclista profesional Gonzalo Rabuñal, o cal, aparte doutras carreiras, participou nas dúas últimas edicións da "Vuelta a España" co equipo Xacobeo Galicia.

Gonzalo Rabuñal demostrou que non soamente está ben físicamente enriba da bicicleta, senon que tamén estivo rápido e áxil ao respostar, durante máis dunha hora, ás preguntas de anciáns e cativos.

O ciclista mostrando cicatrices das caídas da bicicleta e de varias operacións.

Os representantes do colexio recollendo os agasallos
Gonzalo trouxo agasallos para os rapaces do colexio, botes de bebida do equipo, fotografías co seu autógrafo e pegatinas do maillot do Xacobeo. Como había moitas as levamos para o colexio, para sortealas entre os que non puideron asistir a este acto, no que tan ben o pasamos.

Alba, Noa, Carlos e Anxo dando boa conta do banquete
Houbo unha pequena sorpresa do centro “Agarimo” que nos tiña preparada unha merenda, na que nos acompañau, tamén, Gonzalo.

Recorte do xornal: La Voz de Galicia - 2-10-2010

Autógrafo, con dedicatoria, de Gonzalo Rabuñal
 O Ceip Rabadeira de Oleiros da as grazas ao ciclista Gonzalo Rabuñal por compartir con nós uns momentos nos que aprendimos moito dun deporte tan xenial como o ciclismo, e por amosar un bo carácter, simpatía, e franqueza nas súas respostas. Desexámoslle un gran futuro, cheo de victorias nas carreiras onde compita.

Nun vindeiro artigo publicarase as preguntas feitas polos alumnos e as respostas.

3 comentarios:

  1. Soy Ana, he visto las fotos.
    Me gustó mucho estar en el centro, hablar con Gonzalo Rabuñal y con las personas mayores.

    ResponderEliminar
  2. Moitas grazas a Ana, de 5ºA, por ser a primeira en deixar un comentario neste novo blog da Rabadeira. Merece levar un premio.

    Destacar o bo comportamento dos alumnos de 5º que foron ao acto do centro Agarimo.

    Un saúdo do profe.

    ResponderEliminar
  3. estubo guai cuando estubimos alli , me gusto mucho.


    Carlos

    ResponderEliminar

Por favor deixade o voso nome.
Moitas grazas por comentar.
Agardade para ver o comentario, antes o temos que aprobar

 

CEIP RABADEIRA Copyright © 2009-20 - |- Educación Física CEIP Rabadeira - |- Oleiros - Galicia